As organizacións, asociacións, colectivos e persoas abaixo asinantes,

CONSIDERANDO
que a nosa comarca vive unha situación límite no económico e no social, prolongada no tempo, e nestes últimos anos, agudizada polas políticas neo-liberais...

CONSIDERANDO
que a experiencia e alternativas elaboradas, defendidas e acumuladas polos movementos sociais, desde a defensa do ben común, dos servizos públicos, da economía social... son ferramentas a utilizar para superar a actual situación da comarca...

CONSIDERANDO
que a unión, o traballo en equipo, a confluencia, a complementariedade, multiplican exponencialmente os resultados en calquera proxecto social...

ACORDAN:

Constituír o ENCONTRO SOCIAL DE FERROL TERRA, para enfrontarse unidas á estafa chamada crise e ás políticas neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación,  coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo.

Esta Rede de Apoio Mutuo, constrúena e confórmana o conxunto de persoas, actividades, accións, ideas, proxectos, recursos, bens... que fan posibles os obxectivos marcados polo Encontro Social de Ferrol Terra,  para afrontar de xeito colectivo,  os problemas provocados na nosa comarca polas políticas neoliberais e o propio sistema capitalista.

Ferrolterra, a 3 de Abril de 2012

|||||||||||||||||


|||||||||||||||||